O aire de Groenlandia trae frío e neve

A cota situarase xoves e venres entre os 1.000 e os 1.200 metros

Nevada en la Serra do Oribio, en Triacastela. MARÍA JOSÉ BLANCO
photo_camera Nevada en la Serra do Oribio, en Triacastela. MARÍA JOSÉ BLANCO

A neve regresou a Galicia en pleno mes de abril. Fíxoo de forma considerable durante a madrugada do xoves na montaña de Lugo e Ourense ata os 700 metros nalgúns casos.

A culpable é unha masa de aire procedente de Groenlandia trouxo xa un descenso da temperatura notable que provocará xeadas intensas non só na comunidade, senón en toda España, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). 

O tempo será totalmente invernal nos próximos días, con temperaturas entre 5 e 10 graos máis baixas do normal, moita choiva e ata neve. De feito, a cota baixou ata os 900 metros este mércores e caeron algúns copos en zonas da montaña de Lugo e Ourense.

O portavoz da Aemet, Rubén del Campo, explicou a Europa Press que este xoves á primeira hora empezará chovendo en Galicia, sobre todo na Coruña e Pontevedra, onde as precipitacións serán persistentes e, ao longo do día, esa nebulosidade e choivas iranse estendendo ao resto de Galicia e ao noroeste de España. 

A cota de neve quedará nos 1.000-1.300 metros este xoves, segundo Meteogalicia, mesma altitude na que oscilará o venres. Ambos os días haberá alerta amarela por acumulacións de máis de cinco centímetros nas montañas de Lugo e Ourense. 

O sábado unha fronte volverá deixar choivas por toda a comunidade, con posibilidade de tormentas acompañadas de saraiba, unha situación que non variará de cara ao domingo e os primeiros días da próximo. 

Comentarios