jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

O alcalde de Allariz, Francisco García, renuncia ao cargo tras 18 anos no cargo

El alcalde de Allariz, Francisco García. EP
O alcalde de Allariz, Francisco García. EP

Sucederao no cargo a tenente de alcalde Cristina Cid

 

O alcalde de Allariz, Francisco García Suárez (BNG), anunciou este venres a súa renuncia á fronte do Concello do municipio ourensán, cargo que exercía desde o ano 2000, dando así por cumprido o seu mandato. A tenente de alcalde, Cristina Cid, sucederao no cargo. 

En canto aos prazos, está previsto que o rexedor presente a súa dimisión nun pleno convocado para o próximo 15 de xuño a partir do oito e media, e, posteriormente, a nova alcaldesa tomará posesión do seu cargo noutro pleno convocado para o día 21.

Nunha comparecencia de prensa celebrada de urxencia, Francisco García fixo pública -a un ano das eleccións municipais de 2019- a súa dimisión, visiblemente emocionado non podendo evitar as bágoas en varias ocasións. 

Fíxoo, acompañado por varios cargos do equipo de goberno, entre eles, a tenente de alcalde, María Cristina Cid Fernández (BNG), que o sucederá no cargo. 

O primeiro edil nacionalista deixa o cargo que exercía desde o ano 2000, cando relevou ao dirixente nacionalista Anxo Quintana, quen foi vicepresidente da Xunta no goberno bipartito. 

Ademais foi secretario de organización da Executiva do BNG e vicepresidente da Fegamp.

"Parecíame  razoable que a persoa que vai facer esta substitución á alcaldía e asumir esta responsabilidade poida traballar e planificar a precampaña e seguir impulsando os proxectos", comentou García, quen ratificou este "paso atrás" para que a súa sucesora poida abordar con total garantía a precampaña municipal. 

Durante a súa intervención, deu "por rematado" este mandato 2015-2019 unha vez que se executaron "a maioría de propostas" que ían dentro do programa de goberno e para que a súa sucesora poida abordar con total garantía a precampaña municipal. 

No que respecta a esta nova etapa, García destacou da súa substituta a súa "capacidade, experiencia, liderado, traballo en equipo" á hora de dar "un novo impulso" ao concello que cualificou de "exemplar" en moitos ámbitos e que sufriu unha "transformación importante" no últimos vinte anos. 

"É unha persoa que vén avalada por un inmenso labor na área económica con logros moi importantes para o consistorio"; asegurou García, quen mostrou o seu apoio a Cristina Cid, quen será a primeiro muller que exercerá a alcaldía nesta localidade. 

Tras asegurar que "nunca" puxo "data de caducidade", manifestou que a súa principal "preocupación" era cumprir o proxecto e dar paso á "substitución xeracional" á vez que lembrou que xa anunciara que esta ía ser a última lexislatura. 

Para García, é unha decisión "persoal" descartando que este paso responda a un "oportunismo" político, tras asegurar que esta decisión xa estaba tomada, e cuxo proceso estivo sempre "acompañado polo BNG". 

Pola súa banda, a próxima rexedora, Cristina Cid, agradeceu nas súas primeiras palabras o labor realizado polo seu predecesor, á hora de "levar a Allariz a uns niveis de actividade, accións, infraestruturas e servizos como nunca soñaramos nesa revolva" e do que destacou "a súa honradez" e "dedicación indubidable".

Nesta liña, sinalou que entre os seus principais retos é "seguir con ese traballo" realizado por Francisco García na vila ourensá para o que lle tendeu a man para seguir colaborando. 

O alcalde de Allariz, Francisco García, renuncia ao cargo tras 18...
comentarios