domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Animalistas piden sancionar a unha muller por abandono de animais en Ferrol

Instan ao Concello e a Xunta a tomar medidas legais

A Asociación Animalista Libera pediu este domingo que se sancione e inhabilite á inquilina dunha vivenda de Ferrol por abandono de animais tras o achado de tres exemplares nunha casa deshabilitada do barrio de Faxardo. Nun comunicado, reclamou á Xunta de Galicia que incoe un expediente e que se aplique a máxima sanción accesoria".

A asociación recorda que a lexislación autonómica sobre benestar animal "contempla inhabilitacións de ata cinco anos polo abandono de animais". A entidade tamén instou ao Concello de Ferrol a desenvolver "campañas informativas e preventivas" tras este suceso, ante o cal recordou que a "normativa autonómica detalla sancións de ata 5.000 euros pola non identificación de cans, unha acción obrigatoria".

Animalistas piden sancionar a unha muller por abandono de animais...
Comentarios