Aparece un cadáver na beira do río Miño fronte a Arbo

Podería tratarse do pescador portugués desaparecido hai un mes

 

O persoal da Comandancia Naval do Miño informou ao 112 Galicia da aparición na beira portuguesa do corpo sen vida dunha persoa que agora se trata de identificar. Podería tratarse do pescador portugués desaparecido hai un mes

A información chegou ao 112 pasadas as 18.00 horas e xa foi informada a Garda Civil. Ademais, os membros da Comandancia indicaron que o cadáver xa foi rescatado e non foron necesarios máis medios para a recuperación do corpo.

Deste xeito, agora as forzas de seguridade tratan de indagar a súa identidade.