Aparece nun piso de Vigo o cadáver dunha muller falecida hai catro meses

Os veciños alertaron do mal cheiro e da presenza de insectos, polo que os bombeiros accederon ao inmoble

Os bombeiros de Vigo localizaron este martes nun piso da cidade olívica o cadáver dunha muller que, segundo avanzou a Radio Galega, levaba uns catro meses morta. Os veciños percibiran que a vivenda desprendía mal cheiro e detectado a presenza de insectos, polo que deron a voz de alarma.

A Policía Nacional investiga o ocorrido, pero en principio non observaron signos de violencia, polo que se baralla a hipótese de que a muller, de 45 anos, puido falecer por causas naturais.