Aparece varada en Oia unha balea de 30 toneladas

Os biólogos do Cemma tomarán mostras este sábado

Ballena varada en Oia. TVG
photo_camera Balea varada en Oia. TVG

Unha balea común de case 20 metros de lonxitude e unhas 30 toneladas de peso apareceu varada este venres no litoral do Concello de Oia. 

Segundo informa Telemarinas, o 112 deu aviso ás autoridades de que o cetáceo se atopaba á deriva fronte ás costas de Portocelo e pouco despois varou nas rocas, arrastrado pola forte ondada. 

Os biólogos do Cemma tomarán mostras ao animal este sábado para analizalo.

Trátase da segunda balea común que aparece morta nas costas de Galicia, tras a achada este xoves en Bueu

Comentarios