Arquivado o caso de Socorro Pérez ao non haber sospeitosos da súa morte

Familares de Socorro Pérez durante a ofrenda floral que realizaron o pasado mes de maio no lugar no que apareceu o corpo. BRAIS LORENZO (EFE)

O corpo sen vida da ourensá, de 43 anos, foi achado o 6 de xuño de 2015, un mes logo da súa desaparición

O titular do Xulgado de Instrución numero dúas de Ourense arquivou o caso de Socorro Pérez. Segundo informa TVG, non hai ningún sospeitoso da morte da muller, de 43 anos.

O corpo sen vida da ourensá foi achado o 6 de xuño de 2015, un mes despois da súa desaparición. A muller saíra facer deporte e recibiu un forte impacto na cabeza. 

A familia de Socorro Pérez, que lamenta a falta de resultados na investigación policial, sostén que a súa morte foi violenta. Descartan así que se suicidase ou que desaparecese voluntariamente polo "seu xeito ser, cunha vida ordenada e rutineira, que non tiña problemas nin laborais, nin familiares, nin económicos".