O titular do Xulgado de Instrución numero dúas de Ourense arquivou o caso de Socorro Pérez. Segundo informa TVG, non hai ningún sospeitoso da morte da muller, de 43 anos.
O corpo sen vida da ourensá foi achado o 6 de xuño de 2015, un mes despois da súa desaparición. A muller saíra facer deporte e recibiu un forte impacto na cabeza.
A familia de Socorro Pérez, que lamenta a falta de resultados na investigación policial, sostén que a súa morte foi violenta. Descartan así que se suicidase ou que desaparecese voluntariamente polo "seu xeito ser, cunha vida ordenada e rutineira, que non tiña problemas nin laborais, nin familiares, nin económicos".