Arrinca sen incidencias a repartición de 835.500 máscaras en Galicia

Desde este luns é obrigatorio o seu uso en medios de transporte públicos
Reparto de mascarillas en Vigo. SALVADOR SAS
photo_camera Usuarios do metro en Atocha. CHEMA MOYA

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou esste luns do inicio sen incidencia da repartición de 835.500 máscaras en nodos de transporte, municipios e entidades sociais da comunidade. O dispositivo está preparado tras a recepción a fin de semana de todo o material enviado polo Executivo.

Desde primeira hora deste luns, o Goberno despregou un amplo operativo en Galicia para reforzar e dar cumprimento á medida anunciada o sábado polo presidente, Pedro Sánchez, que establece a obrigatoriedade do uso de máscaras no transporte público. 

Por provincias, en Galicia repártense 344.000 máscaras na Coruña, 104.000 en Lugo, 98.000 en Ourense e 289.500 en Pontevedra. Estas unidades supoñen un novo paso no proceso de desescalada, tras a última repartición realizada polo Goberno en Galicia. En concreto, foron 602.000 máscaras as entregadas tras o permiso retribuído recuperable, que se realizou a semana do 13 de abril.

Os CAMBIOS NO TRANSPORTE. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o domingo a orde pola que se establece o uso obrigatorio de máscara a partir deste luns 4 de maio en todos os usuarios de transporte público e colectivo. 

Segundo a nova orde, que entra en vigor esta xornada, establécese a obrigatoriedade do uso de máscaras que cubran nariz e boca a todos os usuarios dos servizos de transporte público e colectivo, tanto terrestre, como autobús, taxi, VTC e ferrocarril, así como transporte aéreo e marítimo. 

A orde determina tamén que os traballadores dos servizos de transporte que teñan contacto directo cos pasaxeiros tamén deben ir provistos de máscaras, así como ter acceso a solucións hidroalcohólicas. 

Doutra banda, a orde establece novos criterios de ocupación para o transporte terrestre. Deste xeito, nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata 9 prazas, poden viaxar dúas persoas por cada fila de asentos, sempre que usen máscaras e respecten a máxima distancia posible entre ocupantes. 

Este mesmo criterio é de aplicación para o transporte privado complementario realizado en vehículos de turismo, que é aquel que realizan as empresas para o seu persoal con medios propios de transporte. 

Esta posibilidade esténdese a outros vehículos que dispoñan unicamente dunha fila de asentos, como cabinas de vehículos pesados, furgonetas ou similares, na que poderán viaxar dúas persoas sempre que utilicen a correspondente máscara. En caso contrario, unicamente pode viaxar o condutor. 

Doutra banda, nos transportes públicos de viaxeiros realizados en vehículos de turismo, é dicir, taxi e VTC, poden desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos, excepto na do condutor, na que só viaxa el mesmo. 

Comentarios