Comeza outubro con sol en case toda Galicia, pero con menos calor

As temperaturas nas principais cidades oscilarán entre os nove graos de mínima en Lugo e os 28 de máxima en Ourense

Vista desde lo alto de las estación de esquí de Manzaneda. LAVANDEIRA JR.
photo_camera Vista desde o alto da estación de esquí de Manzaneda. LAVANDEIRA JR.

TempoO sol volverá brillar no primeiro día de outubro seguindo a tónica xeral da fin de semana na comunidade galega, aínda que as temperaturas experimentarán un moderado descenso. E é que este  luns mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, o que se traduce en ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes no extremo norte e néboas matinais no interior. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que avanza que os ventos serán moderados, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En canto ás temperaturas, nas principais cidades galegas as máximas oscilarán entre os 28 graos de Ourense e os 20 da Coruña (en Vigo non se esperan máis de 26 graos, en Pontevedra 25 e en Lugo non superarán os 21). Pola súa banda, as mínimas variarán entre os 9 graos da capital lucense e os 14 da Boa Vila. 

Comentarios