Asasinados unha galega e o seu fillo en Venezuela

Foron tiroteados no asalto á súa vivenda

Concello de Vimianzo. GOOGLE MAPS
photo_camera Concello de Vimianzo. GOOGLE MAPS

Unha muller natural de Vimianzo, de 62 anos, e o seu fillo, de 39, foron asasinados este venres en Venezuela no asalto á súa vivenda. 

O marido da falecida e a súa nai, de 92 anos, resultaron ilesos do tiroteo mentres que outra filla do matrimonio, sufriu feridas e atópase hospitalizada.

Por agora descoñécense máis datos do ataque e da actuación policial. Tampouco hai confirmación oficial sobre se os cadáveres serán repatriados.