A Asociación Forestal de Galicia culpa á Xunta dos atrasos nas limpezas

Segundo a denuncia, esta situación está provocada pola "falta de persoal" no organismo e "aumenta custos aos propietarios"

Un traballador deTragsa limpando un monte. EP
photo_camera Un traballador de Tragsa limpando un monte. EP

A Asociación Forestal de Galicia culpou este sábado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de diversos atrasos nas limpezas dos montes, debido á demora das autorizacións.

A entidade mantivo unha reunión cos representantes do Goberno autonómico, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aos que trasladou os problemas "que representa a presenza de elementos patrimoniais —arqueolóxicos ou arquitectónicos— nos montes", informa a través dun comunicado.

"Traballos forestais como rozas ou podas, que teñen un obxectivo de prevención de incendios, ven postergados durante meses todos os anos, en ocasións ata pasado o verán, polos atrasos de Patrimonio na concesión de autorizacións", continúa.

Segundo a denuncia, esta situación está provocada pola "falta de persoal" no organismo e "aumenta custos aos propietarios" á hora de realizar os seus labores. 

Comentarios