Atendida por inhalación de fume en Sada tras incendiarse a súa campá extractora

As chamas orixináronse ao redor das 21.30 horas do luns por culpa dunha pota que a muller esqueceu ao lume

Unha muller tivo que ser atendida a última hora do luns en Sada despois de que inhalase fume nun incendio na súa vivenda, situada na Avenida San Vicente de Viqueira da localidade coruñesa.

Concretamente, ao redor das 21.30 do luns, unha muller tivo que ser atendida no seu domicilio logo de tragar fume a consecuencia do incendio que se desatou na súa cociña, cando a campá extractora comezou a arder.

 A orixe das chamas foi unha pota esquecida ao lume pola mesma muller, tal e como ela recoñeceu aos equipos de urxencias. A vítima recibiu asistencia no mesmo punto e non requiriu ser desprazada a un centro sanitario.



Comentarios