Atopan un cadáver con signos de violencia nunha leira da Coruña

Trátase dun home de entre trinta e corenta anos, de identidade descoñecida

Unha leira no barrio do Castrillón. GOOGLE MAPS
photo_camera Unha leira no barrio do Castrillón. GOOGLE MAPS

Un cadáver con signos de violencia foi atopado este luns nunha leira da Coruña, explicaron a Efe fontes policiais.

Varios axentes policiais, incluído expertos en identificación científica, acudiron cara a mediodía a unha leira do barrio do Castrillón, onde se atopaba o corpo sen vida dun home de entre trinta e corenta anos, de identidade descoñecida, engadiron as fontes. 

Os investigadores detectaron signos de violencia no corpo sen vida, que foi levantado posteriormente por decisión das autoridades xudiciais.

As mesmas fontes indicaron que a autopsia podería determinar as circunstancias en que se produciron eses signos de violencia e as causas da morte.