viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Atraca unha parafarmacia en Vigo alegando que necesitaba diñeiro para o aluguer

Parafarmacia atracada o pasado luns en Vigo. TVG
Parafarmacia atracada o pasado luns en Vigo. TVG

A policía científica non atopou pegadas nin puido ser identificado nas gravacións das cámaras de seguridade.

Un home atracou a punta de coitelo unha parafarmacia de Vigo alegando que necesitaba diñeiro para pagar o aluguer. 

Os feitos ocorreron o luns, cando o atracador entrou no local, situado na rúa Martín Echegaray, esixindo o diñeiro da caixa. "Díxome que necesitaba entre 250 e 300 euros para pagar o aluguer", relatou Marta Acuña, a propietaria do negocio que no momento do suceso estaba acompañada de dúas empregadas. 

Ao negarlle o diñeiro, o atracador ameazou á dona da parafarmacia cun coitelo. "Abrín a caixa e collín os cartos despaciño porque activara a alarma. Cando me dera conta, arrincáramos das mans", declarou Acuña.

A Policía chegou cinco minutos despois de que o atracador fuxise co diñeiro, máis de 250 euros. 

A policía científica non atopou pegadas nin puido ser identificado nas gravacións das cámaras de seguridade. Segundo a descrición achegada por Marta Acuña, o atracador mide sobre un metro setenta, ten pel clara e barba morena recortada. Levaba posta unha gorra e un chaleco verde.

Atraca unha parafarmacia en Vigo alegando que necesitaba diñeiro...