Atraca a punta de pistola unha sucursal bancaria en Bergondo e foxe

Un amplo dispositivo trata de localizar o home, que levou un botín duns 3.000 euros

La sucursal de Bergondo que sufrió el asalto. TVG
photo_camera A sucursal de Bergondo que sufriu o asalto. TVG

A Garda Civil e a Policía Local buscan a un home que na mañá deste xoves atracou unha sucursal bancaria a punta de pistola no municipio de Bergondo.
 
Segundo informaron a Europa Press fontes municipais, sobre as 9,00 horas deste xoves un home entrou na sucursal do Banco Santander en Guísamo armado cunha pistola, que se investiga se era de verdade ou simulada. 

No momento do atraco na sucursal bancaria atopábanse dúas empregadas da entidade e un cliente, que "non sufriron ningún dano", confirmaron as mesmas fontes. 

O atracador fuxiu do lugar cun botín duns 3.000 euros. Mentres, o Instituto Armado e a Policía Local colaboran nun "amplo operativo" para localizar ao atracador. Segundo as testemuñas, ao abandonar a entidade, o asaltante íase cambiando de roupa, o que podería estar a dificultar a súa identificación. Trátase dun home duns 40 anos, moreno e que mide aproxidamente 1,7 metros. Están a revisarse as cámaras de seguridade para revisalo.

Comentarios