Unha avioneta ameriza de urxencia no Miño sen causar danos persoais

A aeronave quedou sen batería

Unha avioneta española amerizou de urxencia este martes no río Miño, enfronte do municipio pontevedrés da Guarda, sen que se rexistrasen danos persoais. O accidente produciuse nas proximidades da praia de Lamiña e a causa foi unha avaría na batería.

Posteriormente, a aeronave foi remolcada unha embarcación á localidade portuguesa de Caminha.

Foi unha persoa particular quen se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta dos feitos ás 16.50 horas. Foron avisados, entre outros, Policía Local da Guarda, Garda Civil, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.