Os avogados galegos instan a retomar o diálogo "preocupados" pola folga na Xustiza

O Consello da Avogacía Galega alerta do "grave quebranto" no funcionamento dun servicio público "trascendental"

Felix Mondelo, presidente del Consello da Avogacía Galega. CABALAR
photo_camera Felix Mondelo, presidente del Consello da Avogacía Galega. CABALAR

O Consello da Avogacía Galega mostrou este luns a súa preocupación pola folga de Xustiza e chamou ás partes a retomar o diálogo e a colaborar "activamente" na consecución dunha solución satisfactoria para todos.


Nun comunicado, sostén que esta folga, convocada a partir do 7 de febreiro, este mércores, levará "inevitablemente a un grave quebranto no funcionamento dun servizo publico tan transcendente para a cidadanía como o é a Xustiza".


Por iso, avoga por unha solución a este conflito para garantir o funcionamento da Administración de Xustiza "en condicións adecuadas" e dar resposta á prestación dun servizo esencial, "que é á vez un dos valores recoñecidos no artigo 1 da Constitución Española", explica. "A Avogacía confía no bo sentido de todos e apela ao sentido da responsabilidade, que debe imperar para superar o conflito", conclúe.


O Consello da Avogacía Galega foi creado en 1993 e é o órgano superior da administración colexial da avogacía galega, que aglutina a todos os Colexios de Avogados de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

Comentarios