A baixada de contaxios diarios aínda non permite dobregar a curva da sexta onda

Os pacientes ingresados por ovid descienden a 560 e a taxa de positividade volve aumentar ata o 23%
O Chuac da Coruña. EFE
photo_camera O Chuac da Coruña. EFE

Galicia notificou nas últimas 24 horas 6.339 novos contaxios por coronavirus, 300 menos que o día anterior, o que deixa o número de casos activos na comunidade en 78.692, case 1.400 máis que o día anterior e outra marca na pandemia, nunha xornada na que seguen caendo tanto a incidencia como a presión hospitalaria.

Nesta xornada os ingresos hospitalarios han baixado, principalmente en planta, de modo que hai 28 persoas menos hospitalizadas por covid-19, 560 en total.

Deste xeito, nas unidades de terapia intensiva (Uci) dos hospitais galegos había ata as 18.00 horas do xoves 53 pacientes, 4 máis; mentres que en planta había 507, 32 menos que o día anterior.

A situación hospitalaria segue controlada, moi por baixo da media do país, cunha ocupación en Uci do 6,2% fronte ao 23,5 do resto de España, e do 6,3% en planta, fronte ao 15,2%.

A incidencia baixa tanto a sete como a catorce días, aínda que, segundo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, este dato deixou de ter "valor" xa que hai comunidades que non inclúen aos positivos por autodiagnóstico nas súas estatísticas.

Núñez Feijóo defendeu este xoves a decisión de Galicia de incluír a estes contaxiados nas estatísticas "a pesar de quedar peor na foto" –da incidencia– xa que supoñen "o 60 % dos positivos" comunicados diarios, porque "non hai outro sistema mellor nin máis seguro" e porque e "moito mellor contalo todo que contar unha parte".

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 364.834 persoas, das que se han recurado 283.323 e faleceron 2.868, sete destas mortes notificadas nas últimas horas.

ÁREAS SANITARIAS. A presión hospitalaria alíviase en catro das sete: Vigo, A Coruña-Cee, Ourense e Santiago-Barbanza; mantense na de Ferrol; e sobe lixeiramente nas de Lugo e Pontevedra-O Salnés.

Os casos activos descenden unicamente de novo na de Ferrol (-16), mentres que aumentan no resto coa de Vigo á cabeza (+492), seguida da de Santiago e Barbanza (+340), A Coruña e Cee (+335), Lugo (+161), Pontevedra e O Salnés (+85) e Ourense (+59).

Comentarios