Baixan lixeiramente os contaxios e os casos activos en Galicia

A taxa de positividade redúcese a un 1,4% na comunidade galega tras o repunte da xornada anterior
Cribado en A Coruña. CABALAR
photo_camera Cribado en A Coruña. CABALAR

Os casos activos de covid-19 e os novos contaxios descenderon lixeiramente a 2.307 e 107, respectivamente, tras o repunte da xornada anterior en Galicia, mentres que os pacientes con este coronavirus hospitalizados aumentaron de 206 a 207.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste luns, Galicia conta con 26 pacientes covid en Uci, o que supón un menos que a xornada anterior, e 181 noutras unidades, dous máis.

En concreto, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente en catro das sete áreas sanitarias -Vigo, Ourense, Santiago-Barbanza e Lugo-, mentres que baixa nas outras tres -A Coruña-Cee, Ferrol e Pontevedra-O Salnés-.

Deste xeito, na de Vigo, aínda que caen a catro os pacientes covid en Uci -dous menos-, soben a 41 os que permanecen noutras unidades -tres máis-; e na de Santiago e Barbanza descenden a dous os críticos -un menos- pero aumentan a 18 os doutras unidades -tres máis-.

Pola súa banda, na de Ourense increméntanse a dous os ingresados con coronavirus en Uci -un máis-, mentres se manteñen en 20 os doutras unidades; e na de Lugo seguen dúas en críticos e pasan a 12 os doutras unidades -un máis-.

Mentres, descenden a 10 -dous menos- os pacientes covid en unidades de hospitalización convencional na área de Ferrol, que seguen sen ingresados en Uci; na da Coruña e Cee soben a 15 o críticos -un máis- e baixan a 61 os doutras unidades -dous menos-; e na de Pontevedra-O Salnés mantense un en Uci e caen a 19 os doutras unidades -un menos-.

MENOS CASOS E MENOS CONTAXIOS. Tras o lixeiro repunte de casos activos e novos contaxios en Galicia rexistrado este pasado luns, dous días antes dos festivos de Semana Santa volven descender ambos os dous indicadores.

Por tanto, os casos activos redúcense en 20 até os 2.307. En concreto, baixan nas áreas da Coruña e Cee (-31), Ferrol (-9) e Lugo (-7), mentres que aumentan nas de Vigo (+15), Santiago e Barbanza (+7), Ourense (+4) e Pontevedra e O Salnés (+1).

Así, a área da Coruña e Cee prosegue á cabeza con 816 casos activos de covid; séguelle a de Vigo, con 589; Santiago e Barbanza, con 255; Pontevedra e O Salnés, con 218; Lugo, con 168; Ourense, con 131; e á cola sitúase a de Ferrol, con 130.

En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba, despois do repunte deste luns a 133, este martes baixan lixeiramente a 107.

Do total de novos contaxios, 85 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 25 na área da Coruña e Cee; 21 na de Vigo; 14 na de Santiago e Barbanza; nove na de Pontevedra e O Salnés; oito, na de Ourense; cinco na de Ferrol e tres na de Lugo.

Con estes datos, os contaxiados de covid-19 en Galicia ascenden a 116.856, dos cales 28.380 corresponden á área da Coruña e Cee; 22.141, á de Vigo; 18.469, á de Santiago e Barbanza; 14.834, á de Ourense; 12.749, á de Pontevedra e O Salnés; 12.031, á de Lugo; e 8.252, á de Ferrol.

PCR E TAXA DE POSITIVIDADE. Até a data da última actualización de datos, a Comunidade galega realizou 1.846.384 PCR, que implican 5.189 probas máis que a xornada anterior -unhas 300 menos que as contabilizadas o día pasado-.

En canto á taxa de positividade descendeu a un 1,4 por cento após haber repuntado a un 2,4% a xornada anterior, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS. Galicia rexistra desde o inicio da pandemia 2.336 falecidos diagnosticados de covid-19, tras notificar Sanidade na tarde deste luns o falecemento doutras dúas persoas máis.

A Consellería de Sanidade informou dos falecementos de dous homes de 76 anos de idade ingresados en Vigo e en Pontevedra que contaban con patoloxías previas.

Pola súa banda, até o momento curáronse da covid-19 en Galicia 112.233 pacientes, o que supón 125 máis que os contabilizados até a xornada pasada.

Comentarios