Besteiro pide máis investimento público para Navantia e repoñer o 100% do persoal

O secretario xeral do PSdeG mostrou a súa preocupación polo "problema de reindustrialización" de Galicia
Besteiro, junto a Cancela y Mato, antes de reunirse con el comité de empresa de Navantia
photo_camera Besteiro, junto a Cancela y Mato, antes de reunirse con el comité de empresa de Navantia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou este venres ao Goberno máis investimento público no estaleiro ferrolán de Navantia, onde defendeu ademais a reposición do 100% do persoal. 

En declaracións aos xornalistas antes de reunirse co comité de empresa, Besteiro sostivo que a comarca e, en xeral, Galicia, atravesan un "problema de reindustrialización", como aseverou esta mañá na Coruña polo caso de Alcoa e a problemática enerxética. "As preocupacións do PSdeG pasan claramente pola reindustrialización, non só polo non abandono das principais industrias", abundou, polo que defendeu "potenciar Galicia como territorio a reindustrializar polo Goberno de España". 

Na súa opinión, é necesario potenciar a competitividade do sector naval en España, tamén en Ferrol, cun dique flotante, a incorporación do 100% do persoal ou maiores achegas á construción de novos elementos navais, exemplificou. 

Esta aposta dos socialistas polo sector supón un "diferencial de case 600 millóns en infraestruturas e investimentos para Galicia estes catro anos", subliñou, polo que "é o momento" de que o Goberno "potencie o investimento" público e "cambie o chip" na rede de estaleiros do Atlántico e do Mediterráneo. "Defendemos a necesidade de retomar o movemento cara a recuperar o persoal e aumentar os recursos humanos relacionados cos estaleiros", reiterou o líder do PSdeG, que reprochou ao PP que incumpra sistematicamente estes cinco anos" as súas promesas sobre novos buques ou fragatas militares, enumerou. 

Ao seu xuízo, "é difícil seguirlle a pista" ao PP. 

Preguntado pola enquisa do CIS, que dá a maioría ao PP aínda que non absoluta, Besteiro dixo que lle preocupa menos a cociña do CIS como a despensa das pensións". Augurou que nas próximas eleccións xerais soamente haberá dúas opcións, Mariano Rajoy e Pedro Sánchez, polo que como "a maioría dos cidadáns non quere a Rajoy, logo quere a Pedro Sánchez".

Comentarios