Betanzos quéixase ante o Ministerio de Industria porque non funciona o teléfono desde abril

O concello pide que non se cobre o servizo aos trinta e cinco afectados ata "o seu total restablecemento"

O Concello coruñés de Betanzos presentou unha queixa formal ante o Ministerio de Industria, a Xunta e a compañía Telefónica para esixir que se restablezan os servizos de telefonía fixa que "non funcionan desde hai case dous meses".

Fontes municipais explicaron que o Consistorio remitiu unha queixa na que pide unha solución "urxente" aos problemas que teñen os veciños de parroquias como as de Piadela e Requián con este servizo, polo que ademais instan a que non se lles cobre aos usuarios ata o seu "total restablecemento".

Os trinta e cinco afectados que seguen sen servizo a día de hoxe presentaron as súas reclamacións no Rexistro Municipal do concello coruñés, que se achegaron á queixa do Consistorio.

O alcalde de Betanzos, Ramón García, lamentou que ningunha administración que "conta con competencias para esixir ás empresas operador que se resolva a situación aínda non o fixo nin dea explicacións aos afectados que seguen sen servizo telefónico", engade nun comunicado.

Na súa opinión, é "inadmisible" que non se deu solución a un problema que afecta a moitos veciños de Betanzos e a outros concellos da comarca.

Comentarios