Os bombeiros de Vigo cortan o aro que atrapaba o pene dun home

Aneis para o pene. AEP
Acudiu ao hospital tras non poder librarse do xoguete en varias horas. Usaron unha rebarbadora de precisión

Os bombeiros de Vigo tiveron que realizar unha insólita intervención na noite do luns. Logo de recibir unha chamada desde o Hospital Álvaro Cunqueiro, acudiron pertrechados cunha rebarbadora de precisión para cortar o anel erótico que tiña aprisionado o pene dun home, quen se viu incapaz de liberarse do xoguete.

A intervención produciuse despois de que a vítima acudise ao hospital tras levar xa varias horas co membro preso, o que lle provocaba unha importante hinchazón debido á interrupción da circulación sanguínea na zona. O equipo médico non conseguiu resolver o agravio, polo que se viron obrigados a recorrer ao corpo de bombeiros e a súa maquinaria de precisión.

ANTECEDENTES EN FERROL. Non é a primeira vez que ocorre unha situación semellante en Galicia. Hai tres anos, por estas datas, outro home, duns 45 anos, tivo que desprazarse ata o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol cun problema idéntico. Os facultativos requiriron tamén a actuación dos bombeiros ante o risco que a falta de fluxo sanguíneo supuña para o pene do afectado.

Debido á dureza do metal do anel —unha ferramenta usada habitualmente para manter unha erección durante máis tempo, previr a eyaculación e provocar un estímulo sexual—, empregaron unha serra radial de precisión para rompelo sen provocar danos ao paciente.