Bruzos non acudirá á constitución da dirección de En Marea

Os críticos defenden o plantón ata que unha auditoría externa avale as primarias

David Bruzos, junto a Oriana Méndez y  otros representantes de la candidatura Entre Todas. LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera David Bruzos, xunto a Oriana Méndez e outros representantes da candidatura Entre Todas. LAVANDEIRA JR (Efe)

Os 14 asentos —dun total de 35— que lle corresponden á candidatura crítica Entre Todas no novo Consello das Mareas, que se constitúe este sábado de forma oficial, poderían quedar baleiros polo plantón dos perdedores, que nin acatan o triunfo da lista encabezada por Luís Villares nin aceptan a legalidade do proceso. Por iso, a súa intención é esperar a que unha auditoría externa avale as eleccións internas antes de integrarse na nova dirección rupturista.

Foi máis ou menos o que insinuou este xoves David Bruzos, cabeza visible da lista perdedora. O ourensán confirmou na Radio Galega a súa ausencia o sábado no encontro e, aínda que aclarou que falaba dunha "opción persoal", deixou entrever que os seus compañeiros de candidatura, todos agrupados no sector crítico, "están nesta mesma liña". "Temos tantas dúbidas de que o proceso foi limpo que ata que non teñamos a confirmación dunha auditoría, non participaremos" na nova cúpula, avanzou.

Enfronte, o portavoz parlamentario e orgánico de En Marea e gran gañador das primarias, Luís Villares, reiterou o seu chamamento a "pechar feridas" e a que o resultado supoña un "punto e aparte" de cara a centrarse en falar "dos problemas da xente e achegar solucións". Ao lucense gustaríalle ver este sábado a imaxe de 35 "persoas traballando conxuntamente para solucionar os problemas da xente".

Comentarios