Aparece en bo estado un interno que desapareceu dunha residencia da Rúa
07 de julio de 2019 (13:34 h.)
Faltaba desde o sábado ás tres da tarde
O Instituto Armado informaba de que a denuncia se presentou á unha da madrugada e de que se trata dunha persoa con problemas de alcoholismo, un home que está incapacitado xudicialmente por sentenza e levado pola fundación pública galega para tutela de persoas adultas, a competente nestes casos.