Buscan unha moza de 23 anos en Pontevedra e un sesaxenario en Vigo

Judith Jiménez e Manuel Sánchez faltan dos seus domicilios desde este sábado

Judith Jiménez. TVG
photo_camera Judith Jiménez. TVG

Judith Jiménez, unha moza de 23 anos de Pontevedra, permanece en paradoiro descoñecido desde a mañá deste sábado. 

A familia presentou unha denuncia por desaparición tras comprobar que a moza non se atopaba coa súa parella, como pensaron nun primeiro momento. 

A moza, que ten unha discapacidade mental, despareció do seu domicilio de Mourente e o sinal do seu móbil perdeuse en Monte Porreiro. 

Judith Jiménez vestía bata de casa e pixama rosa a última vez que a viron os seus familiares. A moza xa desaparecera no ano 2016 e, entón, foi localizada pasados uns días no Carballiño.

DESAPARECIDO EN VIGO. Pola súa banda, en Vigo, permanece desaparecido desde este sábado Manuel Sánchez Noriega, un home de 69 anos que necesita medicación, segundo indica o cartel de SOS desaparecidos difundido nas redes sociais.