miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Cae o número de novos contaxios pero aumentan os hospitalizados en Galicia

Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén
Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén

Galicia rexistra este xoves 37 novos contaxios por covid-19, 22 menos que o día anterior, nunha xornada na que os hospitalizados en planta pasaron de 19 a 27, oito máis e a incidencia tanto a sete como a catorce días aumentou 1,5 puntos nun só día.

Ao contrario do que sucede en planta, en cambio, cada día hai menos pacientes en unidades de críticos, xa que segundo o Servizo Galego de Saúdeata as 18 horas do mércores había nas Uci dos hospitais galegos unicamente 4 persoas, unha menos que o día anterior.

galicia

No reconto total de casos Galicia suma 481, 8 máis que o mércores, e 2.651 falecidos, ningún nas últimas horas.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse 183.096 persoas en Galicia das que se curaron 179.998.

Pese ao aumento na incidencia acumulada, a comunidade é a única en situación de nova normalidade, por baixo de 25 casos; ao rexistrar 16,5 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas e 9,44 a sete días; mentres que no conxunto de España estes rexistros chegan a 49,3 casos a 14 días e a 23,9 a sete.

En canto ás áreas sanitarias, todas presentan unha evolución estable respecto ao día anterior, aínda que a de Ourense rexistra un aumento superior, 10 casos activos máis nun día, ata os 71.

Cae o número de novos contaxios pero aumentan os hospitalizados en...
comentarios