Carmen Barbeito, Colexio Divino Maestro e o Multiusos do Sar recibirán os Premios Down Compostela

O obxectivo de recoñecer o traballo que realizan o colexio, a empresa Xade (que xestiona o multiusos) e a exdirectora do BBVA

A exdirectora do BBVA Carmen Barbeito, o Colexio Divino Maestro e o Multiusos de Sar recibirán os Premios Down Compsotela o Día Mundial da Síndrome de Down.

Así o acordou o padroado da fundación, co obxectivo de recoñecer o traballo que realizan o colexio, a empresa Xade (que xestiona o multiusos) e a exdirectora do BBVA.

Valoran, en concreto, o seu labor para facilitar a integración escolar e laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, por iso é polo que lles concederon estes galardóns por unanimidade. O acto terá lugar no Hostal dos Reis Católicos o próximo 20 de marzo.

Comentarios