Carmen Rodríguez Dacosta toma posesión como nova deputada do PSdeG

A socialista substitúe ao exsecretario xeral do partido en Ourense, Raúl Fernández

Carmen Rodríguez Dacosta. EP
photo_camera Carmen Rodríguez Dacosta. EP

Carmen Rodríguez Dacosta tomou posesión este martes como nova deputada do PSdeG por Ourense, no transcurso da sesión plenaria que se celebra no Parlamento de Galicia.

Rodríguez Dacosta, que foi secretaria da agrupación local do partido en Ourense, chega ao Lexislativo galego en substitución do tamén exsecretario xeneral do partido nesta provincia, Raúl Fernández, falecido recentemente.

Tras esta incorporación, o grupo socialista no Parlamento autonómico aínda debe afrontar dous cambios máis na súa composición, xa que, nas próximas datas, pasarán a formar parte do mesmo o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, e María Teresa Porritt, que substituirán respectivamente a Abel Losada e a Juan Díaz Villoslada, quen ocuparán novas prazas nas corporacións municipais de Vigo e A Coruña.

Mentres tanto, tras a escisión de En Marea e a formación do Grupo Mixto, os socialistas reordenaron a súa localización no Pleno e sumaron unha persoa máis á primeira fila da bancada da oposición, onde xa está presente a totalidade dos membros da permanente do grupo que encabeza Xoaquín Fernández Leiceaga.

Comentarios