Cede por completo o falso teito dun restaurante da Coruña

A propietaria atopábase fóra do local cando se produciu o derrubamento

Estado en el que quedó el restaurante de A Coruña. TVG
photo_camera Estado no que quedou o restaurante da Coruña. TVG

Á primeira hora da mañá deste martes o falso teito do Restaurante Santa Comba, na Coruña, esborrallábase por completo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, xa que a propietaria do negocio, Pura Cancela, saíra fose do local para colocar unhas mesas cando se produciu o derrubamento, segundo informa a TVG.

A Policía Local e os bombeiros desprazáronse ata o restaurante para comprobar o estado no que quedou o inmoble e os posibles danos que puidese sufrir a instalación eléctrica.

Facía uns seis meses que pintaran o local e non sospeitaron que o falso teito podería vir abaixo.