Un coche arde en Pazos de Borbén e os seus ocupantes saen ilesos
22 de agosto de 2019 (22:13 h.)
O condutor decidiu deter o vehículo ao detectar fume
Varios mozos resultaron ilesos este xoves tras comezar a arder o turismo no que viaxaban en concello de Pazos de Borbén.
Segundo explican testemuñas dos sucedido, o condutor decidiu deter o vehículo ao detectar fume. Segundos despois iniciouse o lume. Afortunadamente, os ocupantes do turismo, veciños de Redondela, atópanse ben.