Varios mozos resultaron ilesos este xoves tras comezar a arder o turismo no que viaxaban en concello de Pazos de Borbén.
Segundo explican testemuñas dos sucedido, o condutor decidiu deter o vehículo ao detectar fume. Segundos despois iniciouse o lume. Afortunadamente, os ocupantes do turismo, veciños de Redondela, atópanse ben.