Un conductor atropela a dúas mulleres en Bueu e dáse á fuga

A Policía Local localizou ao home e tramitou a correspondente denuncia

Dúas mulleres –nai e filla– resultaron feridas ao sufrir un atropelo nun paso de peóns no cruzamento da PO-551 coa avenida de Montero Ríos, en Bueu, este luns.

Tras a colisión, o condutor deuse á fuga pero foi localizado tempo despois pola Policía Local de Bueu que tramitou a correspondente denuncia. Trátase dun septuaxenario, segundo os axentes, que abandonou o lugar do accidente polo nervioso que se puxo.

As vítimas foron atendidas polos servizos de urxencia que as trasladaron ao hospital.