Oito anos de cárcere por darlle un machadazo a un home en Santiago para roubarlle os cartos

Tamén foi condenada outra persoa a catro anos de prisión polos mesmos feitos, ocorridos en decembro de 2014 nunhas galerías da rúa Anova de Abaixo

Un home, J.C.A.M., foi condenado a oito de anos de cárcere por un delito de roubo con violencia e intimidación e outro de lesións con utilización de arma tras darlle un machadazo a outra persoa en Santiago de Compostela para roubarlle 450 euros.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os feitos ocorreron o 18 de decembro de 2014, cando a vítima, J.C.R.R., atopábase contando unha suma de diñeiro nunhas galerías situadas na Rúa de Anova de Abaixo e foi abordado tanto por J.C.A.M. como por outra persoa, J.J.O.L., que tamén foi condenado a outros catro anos de prisión por un delito de roubo con violencia e intimidación.

O xuíz considera probado que para obter o diñeiro J.C.A.M. golpeou á vítima coa machada na boneca, lesión pola que tivo que ser intervido cirurxicamente e necesitou tres días de hospitalización e 123 de recuperación.

Por iso, ambos os acusados terán que indemnizar na cantidade de 450 euros á vítima e, ademais, J.C.A.M., con 19.375 euros polas lesións causadas.

Comentarios