Condenado a catro anos por torturar ao seu amigo

O acusado confesou ter secuestrado e violentado a un compañeiro tras unha discusión por un furto en Betanzos

A sección primeira da Audiencia da Coruña condenou este luns a catro anos e tres meses de prisión a un home que confesou secuestrar e torturado a un amigo tras unha disputa por un roubo en Betanzos.

O acusado estaba imputado por delitos de lesións con arma ou instrumento perigoso, detención ilegal, torturas, tráfico de drogas e tenencia de armas prohibidas. Aínda que nun principio solicitábaselle unha pena de dezaseis anos de cárcere, esta foi rebaixada debido á súa adicción aos estupefacientes, ata fixarse nos catro anos e tres meses que se estipularon. 

O seu avogado, Diego Reboredo, detallou aos medios de comunicación que "quedou acreditado que cometeu os feitos pola súa adicción ás sustancias estupefacientes, e houbo unha rebaixa importante da petición inicial", tanto por parte do Ministerio Fiscal como da acusación particular. 

Así mesmo á condena hai que reducirlle tres meses e noves días de prisión preventiva que xa cumpriu, aínda que o seu letrado solicitará a suspensión da mesma pola adicción. A decisión estará en mans da Audiencia Provincial. "ábresenos a posibilidade de suspender a condena en base á súa toxicomanía, e é unha opción que en execución de sentenza terase que valorar pola Audiencia Provincial", engadiu Reboredo.

Nesta liña, o procesado abonou o pasado venres 11.000 euros, bastante máis que os 1.500 solicitados pola Fiscalía, e como "quedou acreditado que cometeu os feitos pola súa adicción, houbo unha rebaixa importante da petición inicial ". Ademais terá que afrontar unha multa de 6.000 euros por tráfico de drogas, e cumprir a orde de afastamento da vítima durante oito anos, como xa o fai desde 2014, ano ao que se remontan os feitos agora, xa xulgados.

Comentarios