Condenan a catro anos de prisión a un ourensán por tenencia de armas

O home gardábaas na súa casa xunto a outros catro puñales e máis de 1.900 cartuchos

A Audiencia Provincial de Ourense condenou a un home a catro anos de prisión por un delito de depósito de armas de guerra na súa casa de Listanco (Ourense). á hora de fixar a pena, o tribunal tivo en conta a circunstancia agravante de reincidencia e a atenuante de confesar a infracción ás autoridades.  

Nun primeiro momento o fiscal reclamaba para o acusado oito anos de prisión, pero rebaixou a pena á metade despois de que o acusado, Carlos Antonio M. recoñecese no xuízo gardar na súa casa 19 armas de fogo, algunhas delas de guerra, catro puñales e máis de 1.900 cartuchos.  

Para a sala quedou probado que o acusado "carecía de licenza para o uso de todas as armas" e tampouco posuía guía de pertenza nin libro de coleccionista, "a pesar de saber perfectamente que é necesaria tal licenza e guía, ou libro de coleccionista para a súa tenencia".  Ademais da pena de prisión, a sentenza condénalle á privación do dereito á tenencia e porte de armas por tempo de sete anos.

Comentarios