Condenan a un home por abusar dunha egua en Vegadeo

J.A.M.C. non poderá encargarse de ningunha actividade relacionada con animais durante un ano 

Un home que responde as iniciais de J.A.M.C. foi condenado este xoves a un ano e un día de inhabilitación especial para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e a tenencia de animais logo de recoñecer que abusara con carácter libidinoso dunha egua en Vegadeo

A vista oral ía a celebrase no Xulgado do Penal Número 1 de Avilés, pero tras chegar a un acordo de conformidade entre a defensa e a fiscalía, o xuízo non tivo lugar e o acusado aceptou os feitos que se lle imputaban e o Fiscal rebaixara a petición de pena de prisión a tres meses e un día, pero tras petición da defensa, e non ter antecedentes penais, o Fiscal aceptou retirar a pena de prisión da condena. 

Os feitos, segundo o escrito fiscal, sucederon o 17 de decembro de 2017 ás 17.00 horas, cando o acusado accedeu a unha leira na localidade de Montouto en Vegadeo, onde atou a unha árbore a unha egua nunha zona de certo desnivel, baixouse os pantalóns e introduciu o seu brazo na vagina do animal de xeito brusco, ata que foi sorprendido pola propietaria da egua e o seu esposo. 

Como consecuencia destes feitos, a egua, que se atopaba en avanzado estado de xestación, sufriu lesións consistentes en traumatismo vaginal e pequenos rachos da muscosa. O acusado terá que facerse cargo das costas procesuais e non poderá delinquir nos próximos dous anos.