O BNG saca adiante as contas de Pontevedra grazas á baixa dun edil do PP

O voto de calidade de Lores permitiu ao goberno local sacar adiante as contas nun pleno coa coñecida ausencia do popular César Abal, que tiña que someterse a unha operación ► PP, PSOE, Marea e Ciudadanos lamentan a "miseria política" dos nacionalistas
César Abal, este lunes en el hospital, tras su intervención quirúrgica
photo_camera César Abal, este lunes en el hospital, tras su intervención quirúrgica

O goberno local de Pontevedra aprobou este luns as contas de 2016 co único apoio do BNG e grazas ao voto de calidade do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, algo que foi posible grazas á coñecida baixa de César Abal, concelleiro do PP, por unha operación cirúrxica.

Os orzamentos, de arredor de 72 millóns de euros, contan co rexeitamento da oposición, que tras o pleno deste luns uníronse nas críticas ao alcalde. PP, PSOE, Marea e Ciudadanos reprocháronlle que aproveitase a ausencia coñecida de Abal para aprobar as contas, xa que doutro xeito non sairían adiante, din.

O portavoz popular, Jacobo Moreira, dixo que votar o orzamento sen ter en conta que falta un concelleiro da oposición demostra "a agonía política e decrepitud na que está sumido Lores". 

Pola súa parte, Agustín Fernández, do PSOE, lamentou a celebración dun "pleno ás ocultas convocado con aleivosía", o que, ao seu xuízo, demostra a "miseria política" de Lores. 



Comentarios