O segundo premio do Neno, o 95.379, trae alegría ás catro provincias da comunidade

O número deixa beliscos nas localidades lucenses de Lugo e Monforte, nas pontevedresas da Lama, Cambados, Vigo e Tomiño, nas coruñesas de Santiago e Carballo e na ourensá de Verín
Ana, dueña de la Administración de Lugo donde se dio el segundo premio del sorteo de El Niño
photo_camera Ana, dueña de la Administración de Lugo donde se dio el segundo premio del sorteo de El Niño

O segundo premio do sorteo extraordinario do Neno, celebrado este xoves e dotado con 750.000 euros por serie (75.000 euros ao décimo), correspondeu ao número 95.379 e alcanzou Galicia.

O número estivo moi repartido en administracións das provincias de Albacete, Alacante, Álava, Almería, Barcelona, Badaxoz, Cádiz, Castelló, Cidade Real, A Coruña, Granada, Guadalaxara, Guipúzcoa, Xaén, Lugo, Málaga e Madrid.

Tamén foi vendido en Murcia, Logroño, Santa Cruz de Tenerife, As Palmas, León, Navarra, Ourense, Pontevedra, Salamanca, Segovia, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Zamora e Valladolid.

LUGO. Na provincia lucense o premio chegou á capital e a Monforte de Lemos.

En Lugo cidade o número 95.379 foi vendido na administración de Lotería da rúa Rafael de Veiga e o beneficiario do único décimo vendido foi un veciño de Lugo, mentres que no caso de Monforte, un décimo -dotado con 75.000 euros-, foi despachado nunha máquina.

PONTEVEDRA. Na provincia pontevedresa o premio repartiuse en catro puntos: A Lama, Cambados, Vigo e Tomiño.

Concretamente o número foi despachado na rúa Pedreira, no caso da Lama, na Avenida de Galicia (Cambados), na Estrada a Camposancos (Vigo) e na rúa Gondomar (Tomiño) respectivamente.

A CORUÑA E OURENSE. A sorte tampouco esquivou ás restantes provincias galegas.

Carballo (na rúa Desiderio Varela) e Santiago (rúa Dúas Concheiros), no caso da Coruña, e Verín (Avenida Sousas), no caso de Ourense, tamén recibiron o seu belisco do premio de 750.000 euros á serie que corresponden ao segundo premio do sorteo.

PRIMEIRO E TERCEIRO PREMIO. Pero se de sorte falamos a provincia de Valencia levouse a palma, pois copou en exclusividade o primeiro e o terceiro dos tres premios totais repartidos no sorteo.

O número 08.354, primeiro premio do sorteo e dotado con dous millóns de euros á serie -200.000 ao décimo- recaeu en localidade valenciana de Torrent.

O terceiro premio, o número 85.073, foi vendido exclusivamente na tamén valenciana localidade de Benetusser.

Comentarios