A onda de frío deixa sen clase a 8.000 escolares

A neve dificulta a circulación en estradas de Lugo e Ourense ► A cota de neve baixará aos 400 metros nas últimas horas da xornada

Un total de 7.918 alumnos de infantil, primaria e secundaria de 177 centros educativos de Galicia non puideron acudir este mércores ás súas aulas debido ás condicións meteorolóxicas ante a alerta por neve. As zonas de montaña da comunidade permanecen nevadas, con especiais dificultades nas estradas de Lugo e Ourense. E tamén se rexistraron importantes nevadas no interior da provincia de Pontevedra. 

Galicia está baixo alerta laranxas e amarelas por episodios climatolóxicos adversos. A cota de neve descenderá ata os 400 metros nas últimas horas da xornada.


nieve en PedrafitaNEVE NA ESTRADA. A neve que caeu nas últimas horas obrigou a adoptar precaucións na estrada autonómica LU-633, en Pedrafita do Cebreiro, de modo que quedou restrinxido o tráfico en ambos os sentidos da circulación para camións e vehículos articulados.

A restrición aplicouse ás 07:36 minutos da mañá, segundo informou o Subsector de Tráfico da Garda Civil, quen tamén confirmou que, a pesar da situación de alerta, polo menos de momento non se rexistraron grandes problemas para circular polas principais estradas da provincia de Lugo.

Tamén se recomenda circular con precaución noutras estradas do interior de Lugo, Ourense e Pontevedra.


niños subiendo a un bus escolarTRANSPORTE ESCOLAR SUSPENDIDO. O transporte escolar quedou este mércores suspendido ata o venres en 173 concellos galegos debido ás previsións para as próximas horas de precipitacións de neve, segundo anunciou a Xunta nun comunicado.

A decisión, que inclúe tamén a suspensión de actividades ao aire libre, foi adoptada tras a alerta lanzada pola axencia de meteoroloxía Aemet, que prognostica para os próximos días alerta amarela e laranxa por precipitacións e acumulacións de neve de cinco centímetros en zonas das catro provincias galegas que pode chegar producirse a partir dos 300 metros de altitude.

A suspensión do transporte colectivo a escolas prodúcese no centro e sur da provincia de Lugo, no noroeste e sur da de Ourense e no interior das de Pontevedra e A Coruña.

Os concellos afectados son:
-Lugo (52): Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Muras Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Riotorto, Sarria, Vilalba, Xermade, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

-A Coruña (33): Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Corda, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val Do Dubra, Vedra e Vilasantar.

-Ourense (71): Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz De Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Amoeiro, Avión, Beariz, Boborás, O Carballiño, Coles, O Irixo, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín, Barco de Valdeorras, O Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

-Pontevedra (17): Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.

Comentarios