A vaga de frío empeza a remitir este venres tras conxelar a comunidade

As temperaturas caeron este xoves ata os 14 graos baixo cero na provincia de Ourense ►A mínima rexistrouse en Calvos de Randín ►En Baltar, o mercurio anotou o seu nivel máis baixo nos últimos 15 anos
Hielo en A Estrada
photo_camera Hielo en A Estrada

Galicia continuará este venres baixo a influencia das altas presións, con vento frouxo do leste e a masa de aire frío comezará a retirarse durante a xornada, cun ligero repunte das temperaturas.

Varias localidades da provincia de Ourense rexistraron a temperatura máis baixa alcanzada nos últimos 15 anos en Galicia, con -12,4 grados en Baltar, segundo os rexistros dos que dispón Meteogalicia. Así o indicaron a Europa Press fontes de Meteogalicia, que explicaron que aínda que os termómetros esborralláronse ata os -14,4 graos centígrados en Calvos de Randín este xoves ás 6.10 horas, neste municipio ourensán non había rexistros fai 15 anos para comparar.

As mesmas fontes indicaron que a provincia de Ourense é a máis afectada polas baixas temperaturas debido á influencia dunha masa de aire frío polar. Deste xeito, na provincia ourensá o mercurio descendeu, ademais, este xoves ata os -11,1 graos en Verín ás 8.40 horas, aos -10,6 en Vilariño de Conso e aos -10 en Viana do Bolo.

Mentres, na provincia de Lugo o valor mínimo da mañá deste xoves correspondeu a Pedrafita do Cebreiro, con -9,3 graos ás 3.50 horas e en Sarria alcanzáronse os -8,7 ás 9.00 horas.

Pola súa banda, a mínima da provincia de Pontevedra correspondeu na mañá deste xoves a Lalín, con -8,8 graos ás 9.00 horas. Na da Coruña os termómetros caeron menos, situándose a mínima en -4 graos en Arzúa.

Meteogalicia sinalou que este xoves o tempo prevese "seco e asollado" con temperaturas aínda baixas, pero cos valores máximos "un pouco máis altos", entre un e dous graos máis. No entanto, desde este venres a masa de aire frío "vaise retirando", o que fará que as temperaturas deixen de ser tan baixas en Galicia, segundo sostiveron as mesmas fontes. Así mesmo, a curto prazo, Meteogalicia destacou que non se esperan choivas na comunidade galega.



Comentarios