Os peritos conclúen que a vítima dunha violación múltiple en Lalín presenta "tensión postraumática"

A especialista que atendeu á moza tras os feitos corrobora a súa "sintomatoloxía ansiosa", que motivou que tivese que tomar medicación durante dous anos
Breogán F.T y Angel G.A , este jueves durante el juicio en el que se les acusa de agredir sexualmente a una chica en Lalín
photo_camera Breogán F.T y Angel G.A , este jueves durante el juicio en el que se les acusa de agredir sexualmente a una chica en Lalín

Os peritos que participan no xuízo por unha agresión sexual múltiple denunciada nas festas de Lalín en novembro de 2012 aseguraron que, a consecuencia do ocorrido, a moza sofre "tensión postraumática" e sufriu unha complicación do seu estado anímico, pois padecía un Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade e houbo un "agravamento".

Os peritos declararon na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, que retomou este luns o xuízo coa comparecencia de varios peritos que emitiron informes sobre a presunta vítima e os feitos denunciados. Na sesión, preguntado polas defensas sobre a veracidade da denuncia ante a posible esaxeración de parte do seu relato, un dos peritos sinalou que non se pode determinar que exista unha simulación.

A moza presuntamente agredida sexualmente polos acusados Breogán F.T. e Angel G.A. e dous menores xa condenados por estes feitos, acudiu aos médico días logo dos feitos cunha dor na vaxina e, tras examinala, dous peritos concluíron que non presentaba ningunha lesión nin síntomas de violencia, pero que esa dor pode atribuírse a unha "cuestión nerviosa" e unha "resposta a un cadro de ansiedade".

A especialista que a atendeu desde 2014 no Centro de Información á Muller (CIM) da Estrada corroborou esta "sintomatoloxía ansiosa", que motivou que ata 2016 non puidese deixar de tomar medicación. Engadiu que tivo que volver tratarse xusto antes do xuízo, no que declarou a porta pechada e tras un biombo

A vista deberá renovarse o vindeiro xoves 9 de marzo coa declaración dunha testemuña que non acudiu ás dúas últimas sesións e pendente da posibilidade de que se repitan as comparecencias de seis persoas que xa testificaron na segunda sesión da vista oral, pero con cuxo relato houbo problemas técnicos no sistema de gravación da sala.

Comentarios