viernes. 23.10.2020 |
El tiempo
viernes. 23.10.2020
El tiempo

O corpo localizado nun río en Arteixo é o dun veciño do municipio de 77 anos

Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
Un coche de la Guardia Civil. ARCHIVO
O cadáver foi achado na tarde deste xoves

O cadáver localizado flotando no río Sisalde, en Arteixo, correspóndese cun home de 77 anos, veciño deste municipio, segundo informaron a Europa Press fontes da Benemérita.

As mesmas fontes explicaron que, tras haberse confirmado a identidade do home, estase á espera dos resultados da autopsia.

Segundo informou o 112-Galicia, os equipos de urxencias tiveron coñecemento do achado sobre as 17,30 horas do xoves. O corpo estaba a flotar no río moi preto da depuradora.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Arteixo, así como persoal sanitario do 061.

O corpo localizado nun río en Arteixo é o dun veciño do municipio...