A Coruña acolle a proxección pública do documental sobre o sinistro de Angrois

Xulio Ferreiro defende que o acto busca "dar visibilidade" ás reclamacións das vítimas

A Coruña acolleu este sábado, no Centro Agora, a proxección pública do documental Frankenstein 04155 sobre o sinistro ferroviario de que tivo lugar na parroquia compostelá de Angrois, e á que seguirá un coloquio.

Diso informou o alcalde, Xulio Ferreiro, acompañado polo concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, nun acto no que tamén participou unha das integrantes da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, Asunción Ferreiro. Para ela, acudir a esta proxección é tamén "render unha homenaxe aos falecidos". Ademais, expuxo que con actos deste tipo búscase "que estas traxedias non se volvan a repetir"."Conseguir verdade, xustiza e reparación; e as dúas primeiras son innegociables", recalcou.

Mentres, sobre o nome do documental, recordou que 'Frankenstein' era como se coñecía o tren no argot ferroviario, "porque estaba feito de anacos doutros trens".

Tras a proxección celebrarase un debate no que participarán a portavoz do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda, e o enxeñeiro e experto en ferrocarrís, Xosé Carlos Fernández. Tamén participarán o coordinador do sector ferroviario en Galicia, Severino Rodríguez, e o portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Carlos Vázquez, así como o director do documental, entre outros.

Comentarios