Unha cría de raposo é rescatada no Grove

O pequeno cachorro enganchara nun peche

Raposo rescatado este domingo. EMERXENCIAS O GROVE
photo_camera O pequeno raposo foi rescatado este domingo. EMERXENCIAS O Grove

O equipo de Urxencias do Grove rescatou este domingo a unha cría de raposo este domingo que quedara atrapada nunha zona de monte, no antigo vertedoiro da zona. 

Os voluntarios acudiron á zona tras recibir a alerta dunha cidadá que estaba a pasear ao seu can e observou a animal enganchado a un peche. Cando chegou, o equipo usou un lazo para suxeitar ao pequeno raposo e cortaron a malla para liberalo. 

Como o animal tiña feridas nas patas levaron o cachorro xunto os responsables do Centro de Recuperación da Faina Silvestre de Cotorredondo. "Non puidemos nin poñerlle nome, nin collerlle agarimo", afirmaron os voluntarios. 

Comentarios