Os críticos logran 10 dos 13 postos do comité electoral de En Marea

A lista da actual coordinadora só conseguiu tres postos

Noriega y Villares en el plenario de En Marea. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Noriega e Villares no plenario de En Marea. PEPE FERRÍN (AGN)

A lista dos críticos coa dirección de En Marea conseguiu 10 dos 13 postos que integran o comité electoral para as primarias que decidirán, entre o 1 e o 3 de decembro, a nova dirección. Así, atendendo aos datos divulgados este domingo polo partido instrumental, a lista da actual coordinadora só conseguiu tres postos.

Os resultados da votación, realizada en urna durante o plenario do sábado, reflicten a vitoria da chamada Lista Confluencia, cuxos candidatos suman 2.547 votos, fronte á Lista entre Todas (1.792) e un candidato independente (11). Cada inscrito puido votar a dez persoas.

Isto confirma a vitoria parcial do sector crítico no encontro, representado pola chamada Mesa da Confluencia, promovida por Compostela Aberta e con representación de Anova, EU, Podemos e mareas locais.

Este mesmo domingo, o recentemente elixido secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino apostou por "ampliar" e "refundar" o espazo de En Marea e facelo "máis maduro".

Comentarios