Do abanico ao paraugas en tan só unhas horas

Este mércores os termómetros alcanzaron os 33 graos en puntos do sur de Galicia. As máximas baixarán notablemente este xoves, xornada na que se prevén ceos cubertos e choivas
Muchos gallegos disfrutaron del buen tiempo este miércoles
photo_camera Muchos gallegos disfrutaron del buen tiempo este miércoles

A masa de aire quente que pasou este mércores por Galicia deixou temperaturas anormalmente altas para esta época do ano en toda Galicia, pero especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, onde se excederon os 30 graos por segundo día consecutivo.

A máxima da xornada rexistrouse na capital ourensá, onde se alcanzaron os 33 graos. A segunda localidade máis calorosa de Galicia foi Areas, en Tui, con 31,7 euros. 

Esta xornada estival deixará paso a un xoves moito máis inestable, no que os ceos cubertos e as choivas serán as protagonistas.

Ao longo do día entrará unha masa de aire frío en capas altas e medias da atmosfera, que xunto coa presenza de aire cálido en superficie, provocará moita inestabilidade.

Desta forma, os ceos estarán nubrados con choivas irregularmente repartidas, ocasionalmente de carácter tormentoso pola tarde no interior.

En canto ás temperaturas, as mínimas ascenderán, polo que a madrugada será moi suave, pero as máximas baixarán entre moderada e notablemente, logo dos altos valores alcanzados en días anteriores.

Os ventos serán frouxos de dirección variable, aumentando en intensidade nos momentos de chuvasco.

As temperaturas mínimas e máximas previstas en Galicia son:

A Coruña 12°/ 22°
Ferrol 13°/ 22°
Lugo 11°/ 24°
Ourense 14°/ 26º
Pontevedra 13°/ 23°
Santiago de Compostela 13º/ 22º
Vigo 14°/ 23°



 

Comentarios