DO reduce a un "doloroso tema familiar" unha suposta disputa entre Jácome e un irmán

A formación asegura que un irmán do seu líder decidiu chamar á Policía "para exercer inverosímiles acusacións"

Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensá. BRAIS LORENZO (EFE)

Democracia Ourensana, formación que conta con oito concelleiros en Ourense, negou nas últimas horas as informacións que apuntaban  que o seu líder, Gonzalo Pérez Jácome, fora denunciado por un irmán seu por supostamente ameazalo e golpealo.

A través dun comunicado. D.O., que lidera a oposición en Ourense, reduciu o ocorrido a un "desafortunado incidente no domicilio familiar". "Trátase dun tema persoal, doloroso e recorrente, que a nosa familia padece desde hai demasiados anos, e que pertence á esfera de intimidade", escribiu Pérez Jácome tamén no seu perfil de Facebook.

Segundo a súa versión, o seu irmán, que sofre unha enfermidade, "decidiu facer unha chamada á Policía para exercer inverosímiles acusacións que en nada se corresponden coa realidade, como así manifestaron testemuñas presenciais".