A Deputación destina unha aparelladora en Tui para os trámites urbanísticos de Paramos

Casas derrubadas en Paramos. JAVIER CERVERA

Esta traballadora realizará as súas funcións co servizo municipal que busca de solucións aos problemas que supón a situación das vivendas tras a explosión da pirotécnica

A Deputación de Pontevedra achegará desde este xoves unha aparelladora ao equipo do Concello de Tui encargado de xestionar a tramitación dos expedientes e problemas urbanísticos relacionados coas vivendas afectadas pola explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico en Pairamos.

Esta traballadora, informa a Deputación nunha nota, realizará as súas funcións co servizo municipal que busca solucións aos problemas que supón a situación das vivendas e á axilización dos expedientes e xestións necesarias para desbloquear a urbanización da zona do sinistro.

O ente provincial incide en que a incorporación de persoal especializado nestas tarefas era unha das principais demandas dos afectados pola explosión en Paramos, e engade que mantén a súa "total disposición" a colaborar coas axudas que fosen precisas. Recorda que segue traballando en Tui persoal dos servizos sociais da Deputación, que se desprazou á vila cando se produciu o sinistro para atender aos damnificados.