Desaloxada unha familia logo de arder a súa vivenda en Cedeira

Unha familia tivo que ser desaloxada esta madrugada ao arder a súa vivenda en Cedeira, segundo informa Urxencias 112.

O lume comezou ás catro da madrugada nun domicilio da rúa rúa Zumalacarregui, que ardeu por completo, polo que esta familia foi acollida en casa duns parentes.

Aínda que polo momento descoñécense as causas do incendio, os afectados apuntan a que unha manta eléctrica puido ser a orixe das chamas.

Tras ter coñecemento do incendio, o 112 avisou ao Grupo de Urxencias Supramunicipal de Ortigueira e a Protección Civil de Cedeira, así como aos bombeiros de Ferrol e á Garda Civil.

Comentarios